Ir al contenido
- Resolvemos cuestións concretas relacionadas coas tecnoloxías da información e comunicación e cos dispositivos dixitais como o teu móbil, portátil ou tableta.
- Facilitamos e acompañamos na realización deses trámites en liña que che piden desde a administración ou desde entidades privadas.
- Indicámosche como facer os procesos e poñémosche exemplos, orientámoste e axudámoste.
- Podemos ensinarche a crear unha clave segura e recomendarche que a gardes nun lugar privado.
- Orientámoste na configuración correcta do teu dispositivo e mesmo poderiamos deducir se hai algún tipo de problema.
- Non facemos cursos individuais sobre calquera dispositivo, informática, aplicacións ou Internet.
- Non realizamos trámites no teu nome nin configuramos directamente o teu dispositivo.
- Non somos orientadores laborais, asistentes sociais ou consultores financeiros, polo que non podemos axudarche sobre o fondo destas cuestións ou facer tramitacións no teu nome.
- Non queremos as túas claves de acceso a calquera aplicación, servizo ou trámite.
- En ningún caso a nosa misión é arranxar unha disfunción do aparello.
- Tampouco tratamos asuntos da túa saúde persoal ou de carácter estritamente privado.