Menú Cerrar

Non o dubides!

Problemas para enviares un currículo ou para conectares o teu móbil á wifi da cafetería? Dubidas como cubrir un formulario que che pide un organismo oficial? Queres facer unha videoconferencia coa familia?

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podémosche axudar, agora tamén en liña. De luns a venres de 9.00 a 20.00 h trataremos de resolver as túas dúbidas de forma inmediata tanto sobre dispositivos dixitais como de ferramentas, páxinas ou redes sociais en Internet. Entra no noso chat e pregúntanos.